
18 Mai As exportacións galegas de granito elaborado supuxeron un 76% sobre o total nacional en 2019
O Clúster do Granito acaba de publicar o informe COMEX ‘O mercado internacional do granito Galicia-España’ do ano 2019.
Neste documento reflíctense as cifras do sector galego do granito elaborado e bruto no mercado internacional durante a actividade do ano pasado.
Durante o ano 2019, Galicia exportou un total 96 millóns de euros de granito elaborado, o que representa un 75,63% sobre o total das exportacións de España.
O principal destino do granito galego continuou sendo Estados Unidos, cun 25% do peso das exportacións mundiais.
Doutra banda, as exportacións de granito bruto procedentes das canteiras de Galicia supuxeron o 78,56% do total das exportacións de España, cun resultado de 27 millóns de euros.
O país que máis aumentou as súas importacións de granito en bruto galego dentro de Europa foi Polonia en comparación co mesmo período do ano anterior.