concurso-uvigo-minas

Aberto o plazo para participar nos concursos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo ten abertos varios concursos para este curso 2021-2022. Todos eles pretenden enfocarse na sustentabilidade ambiental e social, así como promover o interese polas formacións da escola.

CONCURSO ENFOCAR_ RME 2021

Este concurso sen idade máxima de participación, reta aos concursantes para enviar fotografías nas que se poña de relevo a importancia dos recursos mineiros e enerxéticos.

PREMIOS

Categoría sénior (maiores de 16 anos)
– Primeiro premio: un cheque de 300 €
– Segundo premio: un cheque de 150 €
– Accésit: un cheque de 50 €

Categoría júnior (menores de 16 anos)
– Primeiro premio: un cheque de 150 €
– Accésit: un cheque de 30 €

O plazo máximo para a presentación das fotografías é o 22 de novembro de 2021. Consulta aquí toda a información sobre o concurso.

CONCURSO CURTAMETRAXES ENERXÉTICAS 2021

A este concurso poderán presentarse todas as curtametraxes cuxa temática vire ao redor da enerxía, no seu sentido máis amplo.

PREMIOS

Primeiro premio: diploma e cheque por un valor de 300 €

Segundo premio: diploma e cheque por un valor de 150 €

O plazo máximo para a presentación de los curtametraxes es o 22 de novembro de 2021. Consulta aquí toda a información sobre o concurso.

CONCURSO ESCAVA_RME 2022

Un dos grandes retos da humanidade foi, desde a antigüidade, o arranque, carga e transporte de todo tipo de materiais para grandes proxectos. Por iso, desde a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, convidan a todo o alumnado de 3º e 4º da ESO, bacharelato e dos ciclos de formación a asumir o reto Escava_ Rme, que consiste na construción dun equipo de escavación funcional.

PREMIOS

Primeiro premio: diploma e cheque por un valor de 300 € para o centro educativo.

Segundo premio: diploma e cheque por un valor de 150 € para o centro educativo

O plazo máximo de inscrición é o 30 de marzo de 2022. Podes consultar todas as bases do concurso aquí.

CONCURSO ENERXIZA_RME 2022

Este concurso está destinado aos alumnos de 3º e 4º da ESO, de bacharelato e de ciclos formativos, que deberán probar o seu enxeño e creatividade ao servizo da construción dunha maqueta dunha instalación eficiente.

PREMIOS

Primeiro premio: diploma e cheque por un valor de 300 € para o centro educativo.

Segundo premio: diploma e cheque por un valor de 150 € para o centro educativo

O plazo máximo de inscrición é o 30 de marzo de 2022. Podes consultar todas as bases do concurso aquí.