25 Abr Aberto o prazo de inscrición para a formación en prevención de riscos laborais e seguridade mineira da COMG
A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) organiza tres cursos de formación preventiva, que se desenvolverán entre os meses de maio, xuño e xullo de 2024, financiados polas axudas da Secretaría de Estado de Enerxía (Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico), para a prevención de riscos laborais e seguridade mineira, no ámbito dunha minaría autóctona e sostible.
En base á enquisa de formación realizada en novembro de 2023, os cursos que se van impartir tratarán sobre cuestións de interese no ámbito da seguridade e saúde, e son os seguintes:
• Riscos en seguridade
o Riscos específicos das cintas transportadoras (Lugo)
o Outros establecementos de beneficio (A Coruña)
o Condicións do terreo e o seu control (Ourense)
• Riscos hixiénicos e ergonómicos
o Inhalación de substancias (A Coruña)
o Lesións físicas por posturas forzadas (Ourense)
o Exposición ao ruído (Ourense)
• Formación específica
o Simulacros de evacuación en caso de emerxencia (A Coruña, Pontevedra e Lugo)
o Primeiros auxilios (A Coruña, Pontevedra e Lugo)
Os cursos durarán 4 horas, excepto os de primeiros auxilios, cuxa duración será de 8 horas. A tipoloxía dos cursos e a ubicación dos centros de formación definiuse en función das necesidades formativas das empresas. O horario será os venres pola tarde, preferiblemente.
Para apuntarse aos cursos é necesario enviar cuberta a ficha de inscrición ao correo cmg@camaraminera.org o antes posible. A data límite para inscribirse é o venres 3 de maio de 2024.
Se non se alcanzara o número de participantes mínimo para a realización dos cursos, estos poderán ser cancelados ou se poderá modificar a súa ubicación. Pola contra, se a demanda supera a oferta de prazas, terán prioridade as empresas membro da COMG ao corrente de pagamento nas súas cotas, seguidas das empresas que formalizaran a enquisa de demanda de formación realizada en 2023.