22 Xuñ A Xunta apoia o labor da COMG cun investimento de case 38.000 €
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, apoia o labor desenvolto pola Cámara Oficial Mineira de Galicia a favor de minaríaa galega cun investimento de case 38.000 euros. Así se recolle no acordo asinado recentemente polo conselleiro D. Francisco Conde e o presidente da COMG, D. Juan de Deus Martín Aparicio.
En comunicación, as actividades previstas inclúen a edición dun boletín informativo, o mantemento e actualización da páxina web corporativa e a promoción da comunicación interna e externa. Para este labor destinaranse 15.000 euros.
En canto ao asesoramento, información e documentación ao sector mineiro, a Cámara continuará prestándolles aos socios os servizos de dossier de prensa diario, o dossier normativo e a asistencia técnica e xurídica, así como información sectorial. Prevese tamén a subscrición a publicacións técnicas, co obxectivo de manterse ao tanto das novidades do sector e de manter actualizados os datos. O investimento destinado a estas accións ascende a 17.000 euros.
A Consellería apoia tamén o labor de promoción social desenvolto pola COMG, con accións como a organización dos Premios Santa Bárbara, e a colaboración con outras entidades, coa participación en diversas iniciativas a favor da minería, cun orzamento de 5.953 euros.