A Fundación Centro Tecnolóxico do Granito impulsa novos usos para o granito

O 24 de outubro presentouse un proxecto na Fundación Centro Tecnolóxico do Granito (O Porriño) que permitirá a aplicación de novos usos para produtos baseados no granito mediante a metodoloxía design thinking, empregando o deseño como valor estratéxico.

Durante a xornada, profesionais pertencentes a diferentes empresas do sector puideron coñecer as características deste proxecto piloto sectorial dirixido a promover a implantación do deseño estratéxico como ferramenta de innovación e competitividade no tecido empresarial galego.

Esta iniciativa forma parte do Programa de deseño para a innovación 2020, promovido polo Ministerio de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), e que ao longo deste último trimestre do ano, céntrase nos sectores da alimentación, o granito e a pizarra.