2

A Declaración de Amberes para un Acuerdo Industrial Europeo, subscrita pola COMG, alcanza os 1.000 asinantes

O 20 de febreiro, a Cámara Oficial Mineira de Galicia ratificou a Declaración de Amberes para un Acordo Industrial Europeo, xunto a outras 476 empresas e organizacións de 20 sectores. Case dous meses despois, con data de 11 de abril, este acordo, que pon de manifesto a necesidade dunha política industrial específica para Europa, alcanzou os 1.000 asinantes.

Este milleiro de firmas representa a empresas, asociacións, sindicatos e outras organizacións comprometidas coa achega das solucións climáticas necesarias para Europa. O seu apoio á Declaración de Amberes é un testemuño do compromiso das entidades europeas coa transformación e a súa confianza na política industrial comunitaria.

A próxima semana, 17 xefes de Estado e de Goberno da UE discutirán o novo enfoque industrial para Europa. O Acordo Industrial Europeo busca instar os líderes da Unión Europea (UE) a incluír o seu chamamento na nova Axenda Estratéxica da UE e nas políticas europeas do próximos cinco anos. As principais medidas que contempla este acordo son:

  • Un Acordo Industrial no núcleo da Axenda Estratéxica da UE. 
  • Un forte financiamento público co Fondo de Tecnoloxías Limpas. 
  • Convertir a Europa nun provedor de enerxía competitivo de primeira orde. 
  • Garantir as infraestruturas europeas necesarias. 
  • Impulsar a seguridade das materias primas da UE. 
  • Aumentar a demanda de produtos netos cero e circulares. 
  • Aproveitar e mellorar o mercado único. 
  • Crear un marco de innovación máis intelixente. 
  • Deixar que prospere o espírito empresarial para superar os retos. 
  • Garantir unha estrutura para lograr resultados. 

Toda a información sobre a Declaración de Amberes para un Acordo Industrial Europeo e a lista de asinantes está dispoñible na seguinte ligazón.