COMG y ICOG en reunion con la directora xeral de planificacion enerxetica

A COMG reúnese coa Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

A pasada semana, o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, José Lista Tasende; un dos vicepresidentes da entidade, Juan José López Muñoz, e o seu director, Miguel Ángel Fortúnez Garea; reuníronse coa directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, Paula Uría Traba.

O obxectivo da reunión foi que a directora coñecese de primeira man a COMG, e o seu labor como representante e portavoz do sector mineiro en Galicia, así como as súas metas e retos a curto e medio prazo.

Paula Uría mostrou interese polas accións que se están levando a cabo para fomentar a minaría sostible na nosa comunidade, así como por aquelas iniciativas que transparentan estas prácticas para a sociedade en xeral, como a plataforma Minaría Sostible de Galicia.

Este é o segundo encontro da COMG coa recentemente nomeada directora, xa que o pasado 9 de decembro, Miguel Ángel Fortúnez Garea acompañou a Pablo Núñez Fernández, delegado en Galicia do Ilustre Colexio de Geólogos, á Dirección Xeral.

Ambos expuxeron a Paula Uría a necesidade de dar un impulso á Oficina de Coordinación Xeolóxica de Galicia, un centro integrado dentro da COMG e que en coordinación co ICOG, servirá para xestionar as actividades relacionadas coas ciencias xeolóxicas que poida levar a cabo o goberno galego, abarcando ámbitos coma investigación xeolóxica, os estudos de economía circular, a reutilización e o aproveitamento de estériles e vertedoiros ou a remediación de problemas relacionados cós riscos naturais.