Proyecto interreg picobello

A COMG participou nun encontro en Ferrol organizado polo Proxecto PICOBELLO

En 2020, a Comisión Europea lanzou a Nova Bauhaus Europea (NEB), unha iniciativa creativa e interdisciplinaria que conecta o Pacto Verde Europeo cos nosos espazos e experiencias de vida. A NEB busca apoiar a implementación de políticas do Pacto Verde e a transición cara a un medio ambiente máis sostible, inclusivo e fermoso.

O pasado mércores 26 de xuño, a COMG participou nun encontro en Ferrol organizado polo Proxecto PICOBELLO. Este proxecto ten como obxectivos:

  • Integrar os valores da NEB.
  • Promover un pensamento integrado e a longo prazo nos ecosistemas industriais (desenvolvemento sostible).
  • Compartir coñecementos para mellorar as políticas de desenvolvemento rexional cos valores da NEB.

A COMG colabora no proxecto PICOBELLO compartindo boas prácticas sustentables e experiencias na reactivación de zonas rurais mediante o turismo xeomineiro.