Ruta del cuarzo del pico sacro

A COMG organiza unha visita guiada gratuíta ao Pico Sacro o sábado 14 de setembro

As prazas para participar na actividade esgotáronse. Desculpade as molestias.

O sábado 14 de setembro, a Cámara Oficial Mineira de Galicia organiza un roteiro guiado gratuíto ao Pico Sacro, situado entre os concellos de Boqueixón e Vedra (A Coruña). Esta actividade desenvólvese no marco da plataforma Minaría Sostible de Galicia, a través do seu programa MInaTUR, en colaboración coa Xunta de Galicia.

O Pico Sacro e o seu filón de cuarzo supoñen un elemento único da xeoloxía e a minaría en Galicia, pero tamén de grandes obras de enxeñaría, como viadutos de vías de tren e estradas que cruzan o río Ulla. Esta iniciativa ofrece a todos os participantes unha oportunidade única para coñecer un referente do patrimonio xeomineiro galego, da man do xeólogo Eduardo Gómez Clavijo.

Os asistentes percorrerán 7,3 quilómetros durante o roteiro, considerada de baixa dificultade, alcanzando unha altura máxima de 583 metros sobre o nivel do mar. A visita finalizará no Miradoiro de Gundián, á beira da parroquia de Ponte Ulla.

Vista mirador gundian 1 2
Vista desde o Miradoiro de Gundián.

A actividade empezará ás 09:45 h. A duración aproximada da visita é de 4 horas. A inscrición é gratuíta e obrigatoria, xa que as prazas son limitadas, e confirmarase por correo electrónico acompañada dos detalles do punto de encontro. Podes apuntarte a través da seguinte ligazón. En caso de esgotarse as prazas, as inscricións pasarán por orde á lista de reserva.

Para solicitar máis información, podes contactar coa Oficina Técnica da COMG a través do seguinte correo: oficina.tecnica@camaraminera.org.

20240823_portada roteiro do cuarzo do pico sacro 1
Programa do Roteiro do Cuarzo do Pico Sacro.