17 Dec A COMG lanza unha ferramenta de autodiagnóstico para comprobar a viabilidade da implantación das Normas UNE 22480 e 22470
As explotacións e empresas mineiras que o desexen xa poden acceder á Ferramenta de Autodiagnóstico da Viabilidade da implantación das Normas UNE 22480 e 22470. Unha ferramenta web de autodiagnóstico de viabilidade para unha posible implantación das normas UNE 22480 e 22470, cuxo resultado pode considerarse como un primeiro paso para a implantación dun Sistema de Xestión Mineiro- Mineralúrgica-Metalúrxica Sostible (SGMMMS).
Este aplicativo web foi desenvolto pola Cámara Oficial Mineira de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia. Para o seu desenvolvemento tomouse como base o coñecemento adquirido en implantacións reais en empresas galegas.
Como resultado, os interesados poderán obter un informe en pdf, onde se lle fai un primeiro diagnóstico inicial co prazo estimado do proceso de implantación. A pesar de que cada empresa ten unha casuística propia, axudará a poder realizar un cálculo moi aproximado da situación inicial da compañía fronte á implantación dun Sistema de Xestión Mineira Sostible baseado nas Normas UNE 22480 e 22470.