22 Nov A COMG acude a presentación dos obradoiros de ARIGAL sobre a dixitalización no sector dos áridos
O xoves 21 de novembro celebrouse a presentación dos talleres de dixitalización no sector dos áridos organizados por ARIGAL (Asociación Galega de Áridos) e financiados polo IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica). A xornada comezou coa presentación do ciclo de talleres, na que interviñeron o presidente de ARIGAL, Alberto Novoa, o director de ARIGAL, Aitor Puente, e o Subdirector Xeral de Recursos Minerais, Diego Casal. En representación da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) acudiu a directora, Arantxa Prado.
A continuación, celebrouse o primeiro dos talleres, intervindo no primeiro dos módulos Xian Estévez e Ignacio Pérez, ambos doutores enxeñeiros de minas pola Universidade de Vigo, quenes introduciron aos participantes o tema central dos talleres: a transformación dixital no sector dos áridos.
O segundo módulo virou ao redor das perspectivas de futuro e novos desenvolvementos en transformación dixital, desde o punto de vista dos equipos e a maquinaria. Os encargados de impartilo foron Jorge Luis Mosquera, responsable HJM Galicia que representa ás firmas Hitachi, Bell e Metso, e Rui Gonçalves, director comercial e de vendas de Serex Atlântica en Portugal e representante da firma ESCO en construción civil e minaría.
Os talleres do ciclo continuarán o próximo ano, coa colaboración de diferentes expertos que profundarán sobre cuestións relacionadas coa dixitalización do sector dos áridos: tecnoloxías GPS e introdución a Xemelgos Dixitais (23 de xaneiro), drons e GPS (23 de xaneiro), Intelixencia Artificial (6 de febreiro), tecnoloxías en equipos mineiros (20 de febreiro) e a importancia da ciberseguridade e o control dos datos (20 de marzo).