13 Xuñ A COMG está a desenvolver os cursos de PRL 2022
A Cámara Oficial Mineira de Galicia comezou a pasada semana a impartir os cursos de PRL para 2022 e estenderanse ata o próximo mes de xullo.
Os traballadores das empresas mineiras galegas teñen así a ocasión de actualizar os seus coñecementos e profundar na aprendizaxe sobre prevención de riscos de seguridade, riscos hixiénicos e ergonómicos específicos, entre outras accións de PRL.
Estes cursos de carácter gratuíto enmárcanse dentro das axudas para a prevención de riscos e seguridade mineira no ámbito dunha minería autóctona e sostible da Secretaría de Estado e Enerxía. Os cursos que se están desenvolvendo son:
- Riscos específicos das cintas transportadoras
- Outros riscos en establecementos de beneficio
- Inhalación de sustancias
- Simulacros de evacuación en caso de emerxencia
- Primeiros auxilios
- Traballos de mantemento
- Traballos eléctricos
- Usos de equipos de protección individual