
25 Abr A COMG e GAIN celebran este venres a xornada ‘Axudas para pemes’
A Cámara Oficial Mineira de Galicia organiza xunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) unha xornada na que se presentarán as axudas que a axencia publicou recentemente e que están destinadas a impulsar a actividade das pequenas e medianas empresas galegas.
O encontro celebrarase de maneira telemática vía Zoom o vindeiro venres 29 de abril ás 09:00h. e durante o que intervirán varios membros do GAIN para presentar as liñas de axuda máis importantes, os seus beneficios e a forma de acceder a elas, seguindo o seguinte programa:
- 09:00 – PRESENTACIÓN DA XORNADA
- 09:10 – CONVOCATORIA INNOVA PEME – Elena Polo
- 09:30 – CONVOCATORIA DESEÑA PEME – Patricia López
- 09:50 – CONVOCATORIA IFI INNOVA – Carlos Vaamonde
- 10:10 – RONDA DE PREGUNTAS
- 10:30 – FIN DA XORNADA
É posible seguir a xornada a través do seguinte ligazón.