
06 Nov A COMG e a Dirección Xeral de Calidade Ambiental abren vías de colaboración
A pasada semana, o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Juan José López; e a directora da entidade, Arantxa Prado, reuníronse cos representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental: a directora, Sagrario Pérez Castellanos; e o subdirector xeral de Meteoroloxia e Cambio Climático, Issac Gómez Piñeiro.
Tratouse dunha reunión preliminar en procura de posibles puntos de colaboración, entre os que destacou o proxecto de descarbonización da COMG que contempla o uso de restauracións mineiras como sumidoiros de dióxido de carbono.
Durante a reunión, a directora xeral convidou á COMG a formar parte da Alianza Galega polo Clima. Polo que a entidade xa forma parte desta iniciativa que reúne a organizacións comprometidas co medioambiente e que avoga pola procura de medidas comúns que xeren sinerxías na acción climática en Galicia.