mascarilla-xunta-galicia-01

A COMG distribúe entre as empresas do sector mineiro as mascarillas proporcionadas pola Xunta de Galicia

Sharing is caring!

O pasado xoves 23 de abril, a Cámara Oficial Mineira de Galicia fixo entrega dun total de 6.700 máscaras entre as empresas mineiras que así o solicitaron.
Este material de protección foi subministrado a prezo de custo pola Administración autonómica a través do Igape. Trátase dunha iniciativa cuxo obxectivo é facer de «paraugas protector» de pequenas e grandes empresas para que poidan seguir traballando e cumprir con todas as garantías sanitarias.

Para facilitar a repartición deste material de protección, a COMG adheriuse ao sistema de compras centralizado da Xunta de Galicia, axilizando mediante pedidos conxuntos as entregas.
Informarémosvos no caso de que haxa novas remesas de material. Se tedes calquera pregunta, non dubidedes en consultarnos no correo cmg@camaraminera.org.