taller-une-22480

A COMG celebrou o webinar Minaría Sostible. Taller de Implantación da UNE 22480 1/2

Preto de 50 asistentes puideron coñecer o pasado 20 de outubro as claves da implantación da UNE 22480 de Minaría Sostible a través dun webinar online organizado pola Cámara Oficial Mineira de Galicia e apoiado pola Xunta de Galicia.

Paula Uría, directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, foi a encargada de abrir a xornada online poñendo o foco na necesidade de fomentar a minaría sostible na comunidade galega, a importancia que ten dentro deste obxectivo a implantación da UNE 22480 nas empresas extractivas e nas accións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia para promover a aplicación da devandita norma.

Durante a xornada, falouse dos beneficios da implantación da norma, nos pasos necesarios para levala a cabo e en como resolver as dificultades que se poidan presentar neste proceso.

Para iso interviñeron Pepe Coello, director en Galicia de AENOR, e dous das consultoras que están a axudar á implantación da norma nas empresas galegas: Marta Rodríguez de Norquality e Luisa Álvarez Zaragoza, de Pedra Enxeñería. Ademais, representantes das empresas onde se implantou ou xa se está implantando a norma contaron a súa experiencia para facer fincapé en que calquera empresa, pequena ou grande, pode obter ditas certificacións: Caolines de Vimianzo, Votorantim Cimentos, Tejas Verea, Cerámica Campo (Epifanio Campo y Refractarios Campo), Cobre San Rafael, Pasek Minerals, Erimsa, Canteras do Arenal, Canteras de Richinol e Minera de Rocas.