Jornada resultados oipe

A COMG celebrará a ‘Xornada de posta en valor dos resultados da OIPE’ o xoves 5 de decembro

O xoves 5 de decembro terá lugar a ‘Xornada de posta en valor dos resultados da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE)‘ de 2024 (programa), organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) co apoio da Xunta de Galicia. O encontro celebrarase entre as 10:30h. e as 11:30h. no San Francisco Hotel Monumento (Santiago de Compostela).

Durante o evento, os asistentes poderán coñecer en profundidade os principais resultados acadados pola OIPE ao longo do ano, incluíndo proxectos de innovación e sustentabilidade no ámbito mineiro e sinerxias xeradas con diferentes sectores e axentes potenciais. Tamén será unha oportunidade para interactuar con expertos e expertas do sector e identificar novas oportunidades de colaboración.

Ao rematar a presentación, entre as 12:00h. e as 13:00h., e tras unha pausa para tomar un café, terá lugar a ‘Xornada técnica do Plan de labores dixital‘ (programa), incluido no procedemento IN329A de Presentación do Plan de labores de actividades mineiras, coa participación da Subdirección Xeral de Minas. Nela proporcionarase información sobre o Plan de labores dixital, actuando en liña coa Axenda de impulso da minaría sustentable de Galicia 2030. O primeiro eixe de actuación da Axenda é precisamente a dixitalización da Administración mineira, que recolle entre as súas iniciativas o desenvolvemento do Plan de labores dixital.

Podes apuntarte a ambas xornadas cubrindo o seguinte formulario. Para calquera dúbida, podes escribir aos correos camaraimpulsa@camaraminera.org ou cmg@camaraminera.org.