08 Nov A COMG celebra Santa Bárbara e convoca os premios que levan o seu nome
A Cámara Oficial Mineira de Galicia quere poñer de manifesto a importancia que o sector mineiro ten tanto para o tecido industrial galego como para o desenvolvemento da sociedade. Por iso convoca a celebración de Santa Bárbara e a XIII edición dos premios que levan o seu nome, unha distinción honorífica de carácter anual á cal poden optar todas aquelas empresas, entidades ou persoas relacionadas co sector mineiro galego.
A COMG entregará dúas distincións: Traxectoria, en recoñecemento a unha carreira meritoria que destaque polas boas prácticas no sector mineiro, e Comunicación, que premia un proxecto de difusión da realidade do sector. Na seguinte ligazón podes realizar a túa candidatura: https:// camaraminera. org/premios-santa- barbara-2019/? lang= gal
A entrega de premios realizarase o próximo 29 de novembro dentro da celebración de Santa Bárbara que terá lugar no Hotel Monumento San Francisco en Santiago de Compostela e que conta co seguinte programa:
- 14:00 h – Recepción no Hotel Monumento San Francisco.
- 14:45 h – Xantar.
- 17:00 h – Entrega dos Premios Santa Bárbara 2019.
Para máis información podes poñerche en contacto coa COMG: cmg@camaraminera.org