A COMG asistiu ó encontro virtual para avaliar a Lei de reactivación económica de Galicia

O pasado 14 de xaneiro a COMG asistiu a unha reunión telemática con Paula Uría, directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia.  Na devandita reunión expuxéronse os obxectivos fixados para a futura Lei de reactivación económica de Galicia e tamén participaron asociacións, colexios profesionais e membros da universidade do sector mineiro galego.

O principal dos obxectivos desta lei é converter a Comunidade galega nun lugar excelente para investir coa axuda dunha tramitación máis áxil, mantendo as máximas garantías xurídicas, urbanísticas e ambientais.

Grazas a esta nova lei, estímase que, o prazo de tramitación dun proxecto reducirase un terzo do tempo actual. Conseguindo así unha administración máis áxil e moderna.