ley-aguas-termales-usos

A Cámara Oficial Mineira de Galicia amosa o seu apoio á Lei de augas termais con fins lúdicos

Durante o mes de setembro, a Asociación Galega da Propiedade Balnearia reuniuse cos grupos parlamentarios galegos (PP de Galicia, PSdeG-PSOE, Grupo Común de Esquerda, BNG e Grupo Mixto) co fin de tratar aspectos relacionados coa Lei de Aproveitamento Lúdico das augas termais de Galicia.

A Cámara Oficial Mineira de Galicia participou en tres destes encontros para amosar o seu apoio e colaborar na elaboración desta nova normativa que contempla e regula aqueles proxectos termais que teñen un propósito puramente lúdico e de esparcimento, e que por primeira vez establecen a fronteira con instalacións térmicas destinadas a usos terapéuticos xa regulados pola lei 5/95.