junta-ordinaria-marzo-2020-1 (2) (1)

A Asemblea Ordinaria da COMG celebrarase o próximo 23 de abril por vía telemática

A Asemblea en sesión ordinaria da Cámara Oficial Mineira de Galicia terá lugar o vindeiro xoves 23 de abril ás 10:00 h en primeira convocatoria e ás 10:30 h en segunda.

Debido á situación excepcional en que nos atopamos, celebrarase de maneira telemática a través dunha plataforma web que permitirá que o encontro se desenvolva con fluidez e respectando a Orde do Día en virtude do artigo 17 do Regulamento de Réxime Interior ( RRI):

1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Ordinaria do ano 2019.
2º. Informe e propostas do presidente. Memoria 2019.
3º. Lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos do ano 2019.
4º. Aprobación, se procede, da xestión da Xunta Directiva.
5º. Revisión e actualización da composición da Xunta Directiva.
6º. Aprobación, se procede, do orzamento de ingresos e gastos para o ano 2020.
7º. Actualización do censo de socios electores e elegibles.
8º. Aprobación das cotas ordinarias e extraordinarias necesarias para o sostemento dos gastos xerais.
9º. Rogos e preguntas.

A documentación da Asemblea xa está dispoñible nesta web. Este material tamén se enviará a todos os rexistrados xunto coas instrucións para conectarse á plataforma.

Para facilitar a organización é necesario confirmar asistencia mediante o formulario presente na web e que estará aberto ata o 21 de abril.