representantes-Agamin

As empresas de envasado de auga mineral apostan pola ecoloxía

O pasado 14 de outubro tivo lugar a celebración da Asemblea da Asociación Galega de Empresas de Envasado da Auga Mineral Natural ( Agamin). Nesta reunión, de carácter anual, repasouse a situación actual que vive o sector. Ademais de avanzar cos distintos proxectos que teñen lugar na actualidade, destacáronse, sobre todo, as accións que buscan fomentar as prácticas ambientais sostibles no sector das augas minerais naturais.

Unha das iniciativas máis destacables da Asemblea foi a realización de accións dirixidas aos peregrinos. Búscase sensibilizalos sobre o valor da reciclaxe en xeral, e, en particular dos envases de auga. Con estas medidas quérese coidar ao medio ambiente, á vez que se lembra a importancia da hidratación.