14 Out A Escola de Minas e Enerxía de Vigo lanza varios concursos
Na actualidade, é necesario concienciar á poboación da importancia dos sectores da minaría e a enerxía, así como mostrar todas as oportunidades que teñen as carreiras enfocadas aos devanditos sectores.
Por iso, a Escola de Minas e Enerxía de Vigo acaba de lanzar varias convocatorias de concursos onde se busca dar a coñecer as titulacións que se imparten no centro e concienciar da importancia de facer un uso sostible dos recursos minerais e enerxéticos respectando o medioambiente. Os certames son os seguintes:
- Curtametraxes Enerxéticas e Enfoca. Rme, ata o 22 de novembro
- Maquetas de escavadoras e de instalacións eficientes, para alumnado de secundaria, 30 de xaneiro
- Concurso de fotografía Mulle_Rme 2021 que busca dar visibilidade á muller nas actividades relacionadas coa profesión de enxeñaría de Minas e Enerxía
- Certame de improvisación oral Eme_ Pakuxa, que ten como obxectivo que os estudantes do centro amosen o seu potencial ordor.