A MINARÍA, EN CIFRAS

Os recursos xeológicos son bens de dominio público que forman parte da riqueza nacional e son a materia prima necesaria para a industria, a construción, a agricultura e a gandería.

O aproveitamento dos recursos xeolóxicos está declarado, na maioría dos casos, como de utilidade pública pola súa importancia estratéxica e económica. A execución da actividade mineira está encomendada a empresas privadas por medio de concesións e autorizacións, baixo a estrita supervisión e control das administracións.

ESTATÍSTICA MINEIRA 2021 – GALICIA

  • Galicia representa o 8,2% do valor da produción mineira de España (0,2% máis que no ano 2020) con 281,6 millóns de euros (35 millóns de euros máis que en 2020).
  • Galicia segue a ser a 4ª comunidade en valor de produción, por detrás de Andalucía, Cataluña e Castela e León, e sitúase no 3º posto en emprego mineiro, cun total de 4.112 empregos directos, contando con balnearios e instalacións de auga embotellada, dos que 800 son de xénero feminino, o que supón un 19,46% do emprego (0,16% máis que en 2020).
  • Galicia mantense líder na produción de rochas ornamentais, aumentando un 0,4% con respecto ao ano 2020, co 39,09% da produción nacional.
  • Galicia é líder na produción de lousa con uso ornamental, co 47,7% da produción española distribuida en 36 explotacións, o 48% das explotacións totais.
  • Galicia é líder na produción de granito ornamental en España, xerando o 53,1% das toneladas totais extraídas (3% máis que en 2020), dispoñendo dentro da comunidade de 42 explotacións, que representan o 53,2% das explotacións nacionais.
  • En Galicia temos a única mina de Europa de coltan, concretamente en Viana do Bolo, a partir de antigos estériles de mina, nun claro exemplo de minaría circular. O coltan contén tántalo, considerado pola UE unha materia prima crítica, o que aumenta a importancia desta mina, por poder dar subministración dentro da propia UE.
  • Galicia é líder na produción de cuarzo co 73,9% da produción nacional e o 92,8% do valor das exportacións nacionais (1,8% máis que en 2020). España é o 4º exportador mundial de cuarzo en toneladas, e segundo de Europa tras Alemania; e por valor das exportacións, 3º de Europa tras Noruega e Italia.
  • Galicia é líder nacional no subsector balnearios co 18,45% da oferta e o 20,76% da cota de mercado nacional. En 2021 empezan a ascender os datos de auguistas respecto ao descenso que trouxo consigo a pandemia da COVID-19.

Datos por subsector 2021

*Explotacións *Empregados *Produción (T) *Produción (€)
Áridos 93 10.375.330 87.610.506  
Cerámica 12 256.700 3.940.006  
Granito 59 440.726 25.360.669   
Lousa 36 438.176 125.964.629  
Rochas industriais 12 1.616.538 54.761.157  
Minaría metálica 1 253 s.e.
Total 213 3.373 13.137.484   299.084.091  
Augas Minerais 13 293 397.007.610 litros   
Balnearios 19 446 142.416 auguistas   
*Explotacións

Fonte:
Estatística Mineira. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Nota:
Explotacións activas, dadas de alta como ‘en produción’.

*Empregados

Fonte:
IGE. Instituto Galego de Estatística.

*Produción (T)

Fonte:
Estatística Mineira. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

*Produción (€)

Fonte:
Estadística Mineira. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Nota:
Este é o prezo de ‘primeira venta’ da produción a pé de canteira. Non inclúe o valor engadido nos procesos industriais e de comercialización posteriores, que no caso das rochas ornamentais multiplica o valor de última venda.