19 Mai Obligación para direccións facultativas en vigor e expedientes en tramitación
A Disposición Transitoria Única da Orde TED/252/2020, do 6 de marzo, pola que se modifican as Instrucións Técnicas Complementarias 02.0.01 «Directores Facultativos» e 02.1.01 «Documento sobre Seguridade e Saúde» contén a obrigación de comunicar tanto as direccións facultativas en vigor de cada centro de traballo, así como aqueles nomeamentos pendentes de autorización que se atopen en tramitación.
Para iso, deberanse adaptar ao procedemento de comunicación previsto no apartado 4 da instrución técnica complementaria 02.0.01 «Dirección facultativa». Son as Autoridades Mineiras as que determinarán o prazo dentro do cal o empresario debe comunicar a designación da dirección facultativa do centro de traballo, que en todo caso, deberá finalizar antes do 31 de decembro de 2020.
Máis información: https://www.boe.es/eli/es/o/2020/03/06/ted252
Modelos de comunicación: