MinasyEnergiaVigo

A COMG busca enxeñeiro/a de minas

A Cámara Oficial Mineira de Galicia busca unha persoa organizada, con iniciativa e habilidades de comunicación para cubrir unha vacante na Coruña para a preparación de estudos e informes de carácter sectorial, asesoramento técnico, xestión de proxectos e desenvolvemento das funcións da COMG .

Trátase dunha posición estable na que desenvolver unha carreira de futuro dentro do sector mineiro.

Requisitos:

  • Titulación: Enxeñeiro de Minas, Enxeñeiro Técnico ou Licenciado en Minería.
  • Experiencia profesional no sector mineiro.
  • Mobilidade xeográfica.

Valorarase:

  • Máster ou Técnico en Prevención de Riscos Laborais.

Tipo de contrato:

  • Xornada completa.

Os interesados ​​poden enviar o seu CV e solicitar máis información no correo electrónico cmg@camaraminera.org (ata o 31/01/2020, inclusive)