arigal-santa-comba

Arigal pechou o ciclo de proxeccións do documental ‘¿Que sabes dos áridos?’ en Santa Comba

A Asocicación Galega de Áridos (Arigal) presentou onte o seu documental ¿Qué sabes dos áridos? no concello de Santa Comba (A Coruña).

O obxectivo de esta peza é amosar a realidade do sector dos áridos, unha industria que proporciona o segundo recurso máis consumido a nivel mundial só por detrás da auga, e que supón a fixación de emprego (2.800 postos de traballo en 2018) e o desenvolvemento en zonas rurais de Galicia cunha produción anual de 48 millóns de euros. Trátase ademais dunha industria en pleno proceso de expansión que nos últimos anos conseguiu posicionar estes productos galegos en mercados internacionais.

Despois dun ano de investigación para valorar o coñecemento que ten a sociedade galega sobre os áridos, Arigal realizou entrevistas a persoas alleas ao sector e a axentes sociais coñecedores da actividade para gravar este documental en 2018, e así afondar nesta industria e no seu papel no desenvolvemento.

A proxección acompañouse dun coloquio posterior no que participaron o alcalde de Santa Comba, o conselleiro de Vimianzo, Víctor Ramos, así como traballadores das canteiras e veciños. Un debate onde se tratou a integración das canteiras na contorna do concello.

Barbera sinalou que “o impacto das dúas canteiras e das dúas plantas de formigón crean un gran impacto económico no concello” e engadiu que é “unha actividade moi beneficiosa para a economía local sempre que rexenere o espazo e poida contribuír á poboación e á xente que vive nos arredores. ”

Pola súa parte, Ramos declarou que “a explotación mineira engade un valor extra na súa actividade económica, pero tamén nas lagoas que deixa despois. No noso Concello subministramos o 50% da auga procedente dunha balsa mineira e hai outras que están dispoñibles para o seu uso futuro. Mentres que noutro burato mineiro creouse unha empresa de reciclaxe. “