aridos-arboles-camara-minera

A Asociación Galega de Áridos planta 525 árboles para reforestar zonas afectadas por incendios

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) doou 525 árbores á Asociación Forestal de Galicia (AFG) para reforestar a área recreativa de Chan do Millo, no municipio de Ponteareas (Pontevedra). Nesta zona atópase a canteira de Prebetong Áridos, empresa pertencente a Votorantim Cimentos.

Esta iniciativa parte do congreso do sector produtor de áridos, integrado na Federación de Áridos, celebrado o pasado mes de outubro en Santiago de Compostela. Neste encontro realizouse unha doazón de 2.500 euros para a recuperación de zonas afectadas polos incendios de outubro de 2017. A axuda, xestionada pola Asociación Forestal de Galicia, contempla diferentes liñas de actuación, entre as que se atopa esta plantación.

No acto, que contou, entre outros, coa presenza do xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo, plantáronse variedades de carballo, castiñeiro e bidueiro.