26 Mar A COMG celebra a súa Asamblea Ordinaria de 2019
O martes 26 de marzo tivo lugar no Balneario Termas de Cuntis, Pontevedra, a Asemblea en sesión ordinaria da Cámara Mineira de Galicia. O acto foi dirixido polo presidente da Cámara, Juan de Dios Martín Aparicio, e polo director da mesma, Diego López González.
Tras a entrega aos socios asistentes do informe e da memoria de actividades do ano 2018, procedeuse á lectura e aprobación da acta da asamblea anterior para continuar coa explicación do informe e as propostas do presidente, facendo fincapé nas actividades, iniciativas e reunións levadas a cabo pola COMG durante o pasado ano para a promoción e o desenvolvemento do sector.
A continuación levouse a cabo a lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos do ano 2018, así como a aprobación da xestión da Xunta Directiva. Así mesmo, para este ano 2019, aprobouse o orzamento de ingresos e gastos anuais, e realizouse unha actualización do censo de socios electores e elixibles.
Finalmente levouse a cabo a aprobación das cotas ordinarias e extraordinarias necesarias para o sostemento dos gastos xerais procedentes da actividade da Cámara.