15 Xul Lei 26/2007: responsabilidade ambiental no sector dos áridos
Ao sector dos áridos, como actividade económica ou profesional que é, élle de aplicación a Lei 26/2007 de Responsabilidade Ambiental e o Real Decreto 2090/2008 que o desenvolve parcialmente. Esta Lei establece un réxime de responsabilidade ambiental que será de aplicación aos danos e ás ameazas inminentes dos devanditos danos. Trátase dunha Lei que afecta a moitas das actividades económicas, sendo a industria extractiva unha das afectadas dunha maneira moi relevante.
O sector dos áridos, como operador dunha actividade económica, deberá adoptar todas as medidas de prevención, evitación e reparación que sexan necesarias para restituír os recursos naturais ao seu estado básico.
Con esta Xornada preténdese facilitar ás empresas o coñecemento das obrigacións que se derivan da aplicación da Lei 26/2007 de Responsabilidade Ambiental e o Real Decreto 2090/2008, desde unha visión práctica e empresarial, a forma de prepararse para o cumprimento da mesma, a redución dos riscos ambientais e os criterios aplicados para a valoración económica dos danos ambientais.
A Xornada está dirixida a Empresarios, Directores, Xerentes, Directores Facultativos e Persoal que teña funcións relacionadas con temas ambientais nas empresas de áridos. Asistencia gratuíta. Prazas limitadas. Prioridade para membros asociados. Inscrición: Teléfono-Fax 981 535 602 ou mail aga@aridos-galicia.com.