ECORED – Ferramenta de xestión de residuos

Os integrantes do proxecto Rede Xera deseñaron a ferramenta informática de xestión de residuos ECORED, co fin de facilitar a xestión de información e trámites derivados da produción de residuos nunha empresa.
A ferramenta, cofinanciada polo FEDER e os socios de Rede Xera, ten unha utilidade práctica xa que permite, entre outras cuestións:
• Xestionar varios centros e usuarios
• Facilitar a relación con xestores de residuos, almacéns e Administracións Públicas
• Xerar múltiples informes sobre xeración de residuos e memorias de uso de materias primas, entre outros • Xestionar as notificacións de transporte con reciclador e coa administración pública
• Acceder á normativa en vigor na Comunidade Galega Atópase dispoñible gratuitamente para o público en www.ecored.redgenera.com, e para gozar das súas vantaxes só é preciso rexistrarse como usuario.