Xornada Ríos e Patrimonio Mineiro

A minería foi unha das principais actividades humanas, de feito, a extracción de ouro e outros minerais supuxo probablemente a primeira industrialización de Galicia. A extensa rede hidrográfica do noso país foi esencial para o desenvolvemento desta industria, que transformou a paisaxe, a organización territorial e mesmo a rede de comunicacións.

A xornada consistirá nunha mesa redonda na que se tratarán temas relacionados coa explotación aurífera nas concas do Lor e do Sil, e o uso da minería como recurso patrimonial e turístico. Logo haberá unha actividade de demostración de bateo no río Sil e unha ruta polo Camiño Ferradal do río Soldón.

Lugar: Quiroga (Lugo)

Sede: Casa da Cultura do Concello de Quiroga

Data: sábado 10 de maio de 2014

Organiza: Proxecto Ríos – ADEGA

Inscricións: ramses@adega.info – 981 57 00 99 / 616 238 050

Programa:

10:30 Inauguración da xornada.

11:00 Sistemas de explotación aurífera nas cuencas do Lor e do Sil.

11:45 A vella minería como recurso patrimonial e turístico.

14:30 Xantar no río.

15:30 Demostración de bateo no río Sil. Playa fluvial de San Clodio.

17:00 Ruta polo Camiño Ferradal.

20:30 Fin da jornada.