Convocatoria de Xunta Xeral Ordinaria 24-03-2015

Segundo o aprobado na reunión da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia ( COMG) celebrada con data 03/03/2015, e en cumprimento do artigo 16 do Regulamento para o Réxime Interior ( RRI), o Presidente acorda convocar Xunta Xeral Ordinaria o vindeiro martes 24 de marzo; no Hotel Os Abetos de Santiago de Compostela, rúa San Lázaro s/n (ver ubicación).

A Xunta Xeral Ordinaria da COMG terá lugar ás 10:30 h en primeira convocatoria e 11:00 h en segunda, coa seguinte Orde do Día en virtude do artigo 14 do RRI:

1º. Lectura e aprobación, se procede, das actas das Xuntas Xerais Ordinaria e Extraordinaria do ano 2014.

2º. Informe do Presidente. Resumo dos acontecementos máis importantes do ano 2014.

3º. Lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos do ano 2014.

4º. Aprobación, se procede, da xestión da Xunta Directiva.

5º. Aprobación das cotas ordinarias e extraordinarias necesarias para o sostemento dos gastos xerais.

6º. Aprobación, se procede, do orzamento de ingresos e gastos para o ano 2015.

7º. Renovación de vocalías da Xunta Directiva: Minería Enerxética (1) e Outros (1).

8º. Rogos e preguntas.

Proximamente enviarase a documentación dos temas para tratar, que tamén estará a disposición dos interesados na páxina web da COMG www.camaraminera.org.

En relación á renovación de vocalías, achégase un documento explicativo do procedemento para seguir, e formulario de presentación de candidaturas. Segundo o establecido no Regulamento para o Réxime Interior, poderán presentarse candidaturas ata o venres 20 de marzo de 2015, inclusive.

Lembramos que o censo de socios electores e elegibles estará a disposición de todos os socios nas oficinas da COMG, rúa Juan Flórez 33-35, entresollado esquerda, da Coruña, ata a finalización do prazo de presentación de candidaturas.