07 Mai Xunta e Estado buscan consenso ante as discrepancias na LOMINGA
- O conflito xurdiu pola modificación introducida pola Lei de medidas fiscais e administrativas
A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado e Comunidade Autónoma de Galicia acordou iniciar negociacións para resolver as discrepancias en relación á Lei de medidas fiscais e administrativas, entre as que figura unha modificación da Lei de Minaría de Galicia. Así o recolle a resolución da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 29 de abril.
Cambios na Lei de Minería
Un dos artigos motivo das discrepancias é o 84 que introduce cambios na Lei de Minería de Galicia. O novo contido, agora obxecto de negociación, establece que a denegación da autorización de explotación determinará a caducidade dos dereitos mineiros correspondentes para as explotacións existentes á entrada en vigor da Lei 22/1973 de Minas, que na actualidade representan o 30% dos dereitos de explotación vixentes. Esta medida será aplicable “nos casos de resolucións denegatorias de autorizacións de explotacións ditadas con anterioridade á entrada en vigor da presente disposición”.
O acordo establece tamén a designación dun grupo de traballo que deberá propoñerlle á Comisión Bilateral de Cooperación unha solución. Finalmente, o acordo seralle comunicado ao Tribunal Constitucional e publicado tanto no Boletín Oficial do Estado como no Diario Oficial de Galicia.