05 Nov A lousa galega, presente na feira de construción máis importante do mundo
- Europizarras participou en Batimat, que se celebrou durante a primeira semana de novembro no recinto feiral de París Nord Villepinte
A lousa galega ha estado presente na feira de construción máis importante do mundo grazas a Europizarras. A compañía con sede na Fonsagrada participou en Batimat, o líder mundial nos salóns da construción, que se celebrou do 2 ao 6 de novembro, no recinto feiral de París Nord Villepinte.O evento reúne cada dous anos a oferta internacional máis completa en produtos, materiais e servizos, e nela danse cita o maior número de profesionais de todo o mundo dentro do sector da construción (propietarios, arquitectos, contratistas…) nacionais e internacionais. Así, a pasada edición Batimat contou coa presenza de máis de 400.000 visitantes, pertencentes a máis de 140 países de todo o mundo.
A lousa da Fonsagrada está presente nos principais mercados europeos coas máximas certificacións de calidade. Actualmente está moi especializada na restauración de edificios que forman parte do patrimonio histórico de Francia, (como as igrexas de San Pedro e San Pablo, os castelos da Motte Glain ou o de Bourbansais en Bretaña), Luxemburgo (a Antiga Estación), Bélxica e Alemaña. |