QUEN SOMOS

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) reúne nunha mesma entidade os intereses públicos e privados para conseguir o mellor aproveitamento dos recursos xeolóxicos co obxectivo utilizalos en beneficio do conxunto da sociedade.

Os recursos xeolóxicos son bens de dominio público e a minaría, como conxunto de actividades destinadas á súa investigación e aproveitamento, está declarada de interese ou utilidade pública na maioría dos casos.

A COMG está formada por todas as persoas físicas ou xurídicas que realizan actividades destinadas á investigación e o aproveitamento dos recursos xeolóxicos, calquera que sexa a súa orixe ou estado físico, desde o seu coñecemento até a súa posta en valor. Representa ao sector industrial dos recursos minerais en Galicia, no que se inclúen todos os subsectores:

  • Augas minerais envasadas
  • Áridos
  • Balnearios
  • Cerámica
  • Minaría enerxética
  • Granito
  • Lousa
  • Minaría metálica
  • Rochas industriais

A COMG é unha corporación de dereito público e un órgano consultivo da Administración, tutelada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, que desenvolve as súas actividades en colaboración coas universidades, colexios profesionais, asociacións sectoriais, asociacións europeas e empresas da comunidade mineira.

Representa ao sector industrial dos recursos minerais en Galicia: empresas mineiras, balnearios e augas minerais; agrupando ás persoas físicas e xurídicas que realizan actividades relacionadas con calquera fase do ciclo mineiro (investigación, exploración, explotación, comercialización, etc.).