LOUSA

Galicia é a primeira rexión produtora de lousa do mundo. Estas rochas metamórficas proceden de sedimentos lutíticos e unha das súas principais características é que poden ser exfoliadas en láminas delgadas. A súa exportación responde á demanda de cubertas de edificios e revestimentos, chans e muros.

Na súa composición están presentes mica, clorita e cuarzo, e, en menor medida, carbonatos, sulfuros metálicos (pirita, pirrotina e marcasita) e materia carbonosa. A porcentaxe destes materiais na súa composición marca a calidade da rocha e as súa posibilidades de aplicación.

Malia que a variedade de lousas en Galicia é abundante, todas elas comparten algunhas propiedades como a durabilidade, un grande illamento térmico e acústico, ou a impermeabilidade e a resistencia ás xeadas. Estas características converten a lousa galega nun material de construción prezado en todo o mundo. Como selo de calidade creouse a marca Galician & Spanish Slate que garante que a lousa se someteu a exhaustivos controis de calidade.

Pizarra

Os criterios para a selección de áreas de interese rexional para lousas son as seguintes:

Criterios paleoxeográficos

Indican as concas de sedimentación onde se puideron orixinar depósitos con espesores suficientes de arxilas de natureza siliciclástica.

Criterios tectonometamórficos

Orientan cara a zonas afectadas por un metamorfismo de grao baixo e onde se desenvolveu xistosidade nas rochas arxilosas.

Criterios xeomorfolóxicos

Para a localización de zonas onde poidan existir afloramentos de lousa en condicións de accesibilidade.

Criterios mineiros

Zonas onde existen indicios e, sobre todo, explotacións activas.

En Galicia son numerosas as zonas que cumpren con estas condicións xeolóxicas e de explotabilidade. É na zona oriental onde se localizan os maiores recursos. A actividade extractiva de lousas para pedra natural concentrouse historicamente e concéntrase na actualidade nas provincias de Ourense e Lugo (91,8 %).

As variedades de lousas para pedra natural comercializadas en Galicia segundo a rexión son as seguintes:

OURENSE

Carballeda de Valdeorras

  • Valdeorras Carballal
  • Valdeorras Casaio
  • Valdeorras Casaio Paradela
  • Valdeorras Castañeiro
  • Valdeorras Castrelos
  • Valdeorras Domiz
  • Valdeorras Gris Pedriña
  • Valdeorras Los Campos
  • Valdeorras Los Molinos
  • Valdeorras Mormeau
  • Valdeorras Negra Pedriña
  • Valdeorras Negra Pedriña
  • Valdeorras Pena Casaio
  • Valdeorras Penedo Rayado
  • Valdeorras Riodolas
  • Valdeorras Rozadais
  • Valdeorras San Víctor
  • Valdascubas
  • Val de Miguel

Vilamartín de Valdeorras

  • Valdeorras San Vicente
LUGO

A Fonsegrada

  • Os Oscos-Vilarchao

A Pastoriza

  • Xemil (Gris Lugo)

Mondoñedo

  • Verde Lugo
  • Verde Mondoñedo

Pol

  • Verde Andión
  • Verde Lourixe

Quiroga

  • Pacios Alto
  • Pacios Bajo
  • O Courel-Quiroga

Samos

  • Lousa vermella “Multicolor”
  • Lousa verde
A CORUÑA

Ortigueira

  • Lombao
  • Monte Rande