A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) asistiu á presentación do proxecto Duncon, Pure matter. Clear purpose, promovido por Pasek, membro da COMG.

Durante o evento, celebrado no salón de actos da Asociación SEARA, explicouse que o proxecto está orientado a transformar o potencial da materia mineral en solucións de alto valor para a industria e a sociedade. Ao acto asistiron o alcalde, Valentín González Formoso, e a conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana.

Neste sentido, nace co obxectivo de impulsar a reindustrialización rexenerativa, promovendo novas iniciativas que contribúan a reforzar o tecido industrial e a xerar valor engadido a partir dos recursos minerais, en liña cunha visión dunha industria máis eficiente e sostible.

O alcalde destacou que Duncom axudará a diversificar unha comarca moi dependente do naval, mentres que a conselleira defendeu que o proxecto reflicte a estratexia da Xunta: que o mineral se transforme en Galicia e xere cadeas de valor e emprego. Lorenzana confiou en poder inaugurar pronto a primeira fase.

A planta situarase nunha nave de 18.500 m² sobre unha parcela duns 41.000 m² no polígono das Pontes, adquirida hai case un ano. Pasek escolleuna pola súa proximidade á mina (40 km) e ao porto de Ferrol (45 km), e polo talento e os provedores da zona.

Desde a COMG apoiamos as persoas asociadas no impulso da innovación no sector, así como na posta en marcha de iniciativas que contribúan a xerar actividade, emprego e valor no territorio.