A Cámara Oficial Mineira de Galicia formalizou a incorporación de Finanzauto como novo socio da entidade, tras unha reunión celebrada na sede da COMG xunto coa presidenta da COMG, Cecilia Trancón, e a directora, Arantxa Prado.

Un dos principais eixes da incorporación de Finanzauto será a súa colaboración en materia de formación, contribuíndo coa súa experiencia e visión práctica como axente especializado en equipamento e solucións para a industria, co obxectivo de reforzar a capacitación e a actualización de profesionais vinculados á minería en Galicia. Ademais, tamén se implicará noutras iniciativas para o desenvolvemento do sector mineiro, como o impulso dun plan renove de maquinaria.

Finanzauto desenvolve a súa actividade principal como distribuidor de marcas como Caterpillar, Sandvik e Pronar, entre outras.

Con este acordo, a Cámara continúa ampliando a súa rede de socios e alianzas estratéxicas, consolidando o seu compromiso de impulsar a competitividade, a profesionalización e o desenvolvemento sostible do sector mineiro galego.