A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) participou na primeira reunión do Grupo de Traballo de Capacidades de Tratamento de Residuos Industriais, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Oficina de Economía Circular Industrial.

Este grupo de traballo constitúese como un espazo de diálogo e colaboración co obxectivo de analizar a situación actual das capacidades de tratamento, compartir coñecemento e contribuír á procura de solucións conxuntas que permitan dar resposta aos retos existentes e futuros.

A primeira sesión, celebrada na sede da COMG, serviu como arranque do grupo e permitiu presentar o seu alcance, enfoque e funcionamento, así como coñecer as entidades participantes, os seus perfís e ámbitos de actuación. Así mesmo, identificáronse necesidades actuais relacionadas coas capacidades de tratamento e comezouse a avaliar retos, limitacións e desafíos de futuro, co fin de definir a metodoloxía de traballo e os seguintes pasos.

Co seu apoio, a COMG contribúe á definición de solucións realistas e eficaces, orientadas a avanzar cara a unha metodoloxía de cálculo de capacidades de tratamento de residuos industriais máis robusta, coordinada e preparada para os retos de futuro.