A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) participou, por terceiro ano consecutivo, en ACiENCiACERTA2026. Colaborando co Centro Tecnolóxico do Granito, a responsable da oficina técnica da COMG, Irene Pérez, mostraron unha selección de materiais e produtos representativos dos distintos sectores da minería en Galicia, cun enfoque didáctico e divulgativo a quen se achegou ao stand.
Ademais, repartiron axendas mineiras do vindeiro curso escolar e exemplares do libro “O Tesouro das estrelas”, editado pola Cámara Oficial Mineira de Galicia, a través de Minería Sostible de Galicia (MSG).
A participación neste evento, celebrado este venres 5 de xuño en O Porriño, é un reflexo do compromiso da COMG coa divulgación científica e co impulso do coñecemento sobre os recursos xeolóxicos e a súa achega á sociedade.


