O XIII Congreso Internacional sobre Minaría e Metalurxia Históricas no Suroeste Europeo, titulado “Ferro e ouro no núcleo da Cordilleira Varisca: da Prehistoria ao presente”, terá lugar en Parada de Sil (Ourense) do 2 ao 5 de outubro de 2025.
Organizado pola Sociedade Española para a Defensa do Patrimonio Xeolóxico e Mineiro (SEDPGYM), este evento ten lugar por primeira vez en Galicia e contará co apoio fundamental da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG).
Ademais da exposición “Tesouros da Terra”, elaborada pola COMG e dispoñible en Parada de Sil durante o congreso, a Cámara participará tamén na mesa redonda sobre minaría e patrimonio mineiro en Galicia, prevista para o sábado 4 de outubro, de 13:00 a 14:00 horas, coa intervención de Irene Pérez Cáceres, técnica da COMG, xunto a representantes da Xunta de Galicia e do IGME-CSIC.