AGENDA
A xornada, organizada por Cobre San Rafael, celebrarase o xoves 3 de xullo ás 10:00h. no Club Cámara Noroeste (A Coruña). Un evento organizado en colaboración con ASIME, coa vontade de poñer en valor a capacidade tractora dos recursos naturais como punto de partida para unha Galicia máis forte, industrial e sostible.
É imprescindible confirmar asistencia, xa que se trata dun evento a porta pechada, con control de acceso. Podes facelo na seguinte ligazón: Confirmación de asistencia á xornada “Minaría, industria e progreso: os recursos naturais como motor da economía galega”