Visita aimen

Representantes da COMG visitan as instalacións de AIMEN para explorar oportunidades de colaboración

O martes 22 de abril, representantes da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) visitaron as instalacións de AIMEN no Porriño (Pontevedra), un centro de innovación e tecnoloxía multisectorial que desenvolve actividades de I+D+i e presta servizos tecnolóxicos á industria no ámbito dos materiais, os procesos de fabricación avanzada, a dixitalización e a sostibilidade. A visita tamén contou con representación das empresas Pedra Enxeñería S.L., Áridos do Mendo e Recursos de Galicia.

O Director Xeral de AIMEN, Jesús Angel Lago, foi o encargado de recibir aos asistentes. A continuación, dous membros do equipo presentaron as capacidades e últimos desenvolvementos do centro tecnolóxico. Do mesmo xeito, os representantes da COMG e asociados compartiron as súas experiencias e as necesidades actuais da industria mineira.

AIMEN conta cunha experiencia de máis de 20 anos coa que a recentemente creada Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE) espera poder colaborar en proxectos que acheguen solucións innovadoras aos diferentes sectores mineiros galegos, conectándoos co coñecemento deste centro tecnolóxico.