
16 Abr O sistema construtivo de Tejas Verea, empresa membro da COMG, certificado como Passive House pola súa sustentabilidade e eficiencia enerxética
O sistema de instalación de cubertas de Tejas Verea, empresa fabricante de tellas e solucións integrais para cubertas localizada en Mesía (A Coruña) e membro da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), obtivo a certificación Passive House, o único estándar enerxético para edificios, na categoría de Sistema construtivo.
A obtención do novo certificado deuse a coñecer, o xoves 3 de abril, durante a xornada técnica ‘Cubertas ventiladas cerámicas certificadas Passive House para a rehabilitación enerxética’ organizada pola Asociación Española de Fabricantes de Ladrillos y Tejas de Arcilla Cocida (Hispalyt) en Madrid.
Con esta certificación, o sistema permitirá unha fácil implementación en construcións que queiran cumprir os esixentes estándares de eficiencia enerxética que establece o Passive House Institute. Este selo súmase ás certificacións ambientais de empresa e produto coas que conta Tejas Verea, avalada tamén desde 2017 polo selo de calidade da Xunta de Galicia Galicia Calidade.