28 Nov A presidenta e a directora da COMG asisten ao XXIII Congreso de Directivos CEDE
A presidenta e a directora da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), Cecilia Trancón e Arantxa Prado, estiveron presentes no XXIII Congreso de Directivos CEDE, que se celebrou o 28 de novembro no Palacio de Exposicións da Coruña. Baixo o lema ‘Liderazgo en tempos de Intelixencia Artificial’, ao redor de 2.000 congresistas, entre eles expertos, directivos e líderes, reuníronse para abordar a situación actual e o futuro económico, poñendo especial énfase na importancia das novas tecnoloxías e a innovación para o crecemento das empresas.
As representantes da COMG acudiron como convidadas ao encontro, inaugurado pola presidenta do Comité Organizador, Rosa María Carabel; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Este último subliñou a puxanza industrial da provincia como motor económico de Galicia e, en especial, o impulso de proxectos estratéxicos aliñados coa transición enerxética e a economía circular.
O acto de clausura estivo presidido polo Rey Felipe VI, quen destacou a importancia do liderado en tempos de transformación tecnolóxica, especialmente fronte á disrupción que xera a Intelixencia Artificial (IA). No peche do evento tamén interveu o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen destacou que a IA representa unha «nova Revolución Industrial», que traerá cambios rápidos e disruptivos, pero cun gran potencial, se se sabe aplicar correctamente.