Jornada arigal

Arigal organiza a IX Xornada de Responsabilidade Social Empresarial no Sector dos Áridos

O martes 29 de outubro celebrouse a IX Xornada de Responsabilidade Social Empresarial no Sector dos Áridos, organizada por Arigal (Asociación Galega de Áridos). O encontro, ao que asistiu a directora da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), Arantxa Prado, estivo centrado nas ‘Novidades técnicas e xurídicas na prevención fronte á inhalación de po de sílice cristalina respirable (SCR)’.

A xornada foi inaugurada por Alberto Novoa, presidente de Arigal. A continuación, responsables en seguridade e prevención de riscos laborais das empresas do sector abordaron aspectos tan importantes como as boas prácticas preventivas. Continuou a administración, explicando o seu papel na prevención da SCR en Galicia, as novidades en relación coa SCR na normativa ou o impacto do absentismo laboral nas organizacións, entre outras cuestións.

O encargado de clausurar o encontro foi o director xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia, Pablo Fernández Vila, quen avanzou que o futuro Consello da Minería de Galicia vai integrar, entre outros, ao sector dos áridos. Tamén adiantou que se van a constituír grupos de traballo de diversa índole, entre os que destaca o de seguridade e saúde no sector, un dos eixos da Axenda de Impulso da Minaría Sostible 2030.