Webinar oipe empleaverde

A OIPE celebrou con éxito un webinar para presentar o programa Empleaverde+ e o proxecto MIN_CIRC

O 24 de setembro, a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) celebrou con éxito o seminario online centrado no Programa de Financiamento Europeo Empleaverde+ da Fundación Biodiversidade e o proxecto MIN_CIRC para o desenvolvemento mineiro circular.

Neste webinar participaron dous expertos no programa Empleaverde+, Alejo Calatayud e Luis Touriño, que explicaron en detalle as oportunidades que ofrece para fomentar a economía verde e a creación de emprego sostible.

Desde o departamento técnico da COMG, expúxose o proxecto MIN_CIRC, unha iniciativa que se presentará á vindeira convocatoria do programa Empleaverde+, co obxectivo de cualificar profesionais para promover un desenvolvemento mineiro máis circular e sostible, e será impulsada coa axuda da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE).

Clara Plata, directora de proxectos en Smart City Cluster, explicou como as empresas do sector poden beneficiarse activamente dos proxectos desenvolvidos baixo este programa, a través de formación especializada e acceso a novas oportunidades de financiamento e desenvolvemento sostible.

Desde a COMG, animamos a todas as empresas e entidades do sector mineiro a participar nesta iniciativa e aproveitar os beneficios que o proxecto MIN_CIRC pode ofrecer para avanzar cara a unha minaría máis circular e eficiente.

As presentacións e contidos do seminario xa están dispoñibles na nosa web. Tamén poden solicitarse enviando un correo a cmg@camaraminera.org ou camaraimpulsa@camaraminera.org.