09 Xul A COMG participou nun encontro en Ferrol organizado polo Proxecto PICOBELLO
En 2020, a Comisión Europea lanzou a Nova Bauhaus Europea (NEB), unha iniciativa creativa e interdisciplinaria que conecta o Pacto Verde Europeo cos nosos espazos e experiencias de vida. A NEB busca apoiar a implementación de políticas do Pacto Verde e a transición cara a un medio ambiente máis sostible, inclusivo e fermoso.
O pasado mércores 26 de xuño, a COMG participou nun encontro en Ferrol organizado polo Proxecto PICOBELLO. Este proxecto ten como obxectivos:
- Integrar os valores da NEB.
- Promover un pensamento integrado e a longo prazo nos ecosistemas industriais (desenvolvemento sostible).
- Compartir coñecementos para mellorar as políticas de desenvolvemento rexional cos valores da NEB.
A COMG colabora no proxecto PICOBELLO compartindo boas prácticas sustentables e experiencias na reactivación de zonas rurais mediante o turismo xeomineiro.