Webinar 1 huella carbono

A Cámara Oficial Mineira de Galicia celebrou ‘Pegada de Carbono 1.0’, o primeiro dos webinars destinados a impulsar a descarbonización do sector


O pasado 13 de xullo, a sede da COMG acolleu unha xornada dirixida a técnicos e empresarios da industria mineira: ‘Pegada de Carbono 1.0’, o primeiro dun ciclo de webinars destinados a aumentar a implantación do cálculo da pegada de carbono no sector, así como a fomentar a súa redución e compensación

A COMG organiza esta serie de talleres a través da plataforma Minería de Galicia e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Sara López, bióloga e consultora ambiental en Inproyen, foi a encargada de impartir o primeiro webinar onde as claves foron as vantaxes asociadas ao cálculo da pegada de carbono para a empresa que o implanta e para o medioambiente; así como a normativa e certificacións aplicables.

O próximo 14 de setembro terá lugar o seguinte webinar do ciclo: ‘Proxecto de absorción de CO2 nunha explotación mineira galega. Balance’.